Contacontos esta fin de semana no torreiro de Paredes

A concellería de Cultura convida a todas as familias á sesión de contacontos a cargo de Celso Fernández Sanmartín mañá sábado ás 16 horas no torreiro de Paredes.

Esta actuación é financiada pola concellería que dirixe Hortensia Bautista dentro da programación deseñada específicamente para a dinamización cultural nas parroquias.