Contacontos “Contos do Revés”, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística

contos ao revés (2)Este xoves, día 8 de maio, os nenos e nenas de Ponteareas poderán gozar dun espectáculo de contacontos titulado “contos do revés”, dirixido a nenos de 5 anos en diante e que terá lugar ás 18 horas na Biblioteca Pública Municipal. Estas actividades están organizadas pola Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro Fernández, a través do Servizo de Normalización Lingüística, dentro das actividades programadas co gallo do “Mes de Maio, Mes das Letras”.