Coñece Ponteareas lévanos ao baixo Tea

Co obxectivo de por en valor o noso patrimonio natural e de difundir a riqueza medio ambiental do noso concello, a concellería de Turismo a través do programa “Coñece Ponteareas” organiza un novo roteiro polo Baixo Tea.

Será o domingo día 24 ás 10:00 horas. O punto de saída é a praia fluvial da Freixa e terá un percorrido de oito quilómetros cunha duración aproximada de tres horas.

Os e as interesadas en participar deberán inscribirse no número de teléfono 986 660 765 ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.es