Coñece Ponteareas lévanos á beira do río Tea

A concellería de Promoción Económica convida á cidadanía a participar no roteiro guiado de Coñece Ponteareas que este domingo día 26 realizará un percorrido pola historia e costumes ás beiras do río Tea.
A partir das dez da mañá os e as participantes pasearán dende a ponte de San Roque ata a ponte das Partidas en Moreira.
 
Na actividade participarán tan só quince persoas polo que é preciso reservar praza no teléfono da oficina de turismo 986 66 07 65 ou no enderezo electrónico turismo@ponteareas.gal