Coñece as herbas aromáticas de San Xoán

O concello de Ponteareas convídate a coñecer as herbas arómaticas de San Xoán eeste venres día 21 de xuño no local da asociación de veciños de Canedo.

O educador ambiental Marcelo Rodríguez ofrecerá unha charla na que coñeceremos as herbas tradicionais, as lendas, as propiedades e o xeito como debemos tratar estas herbas tan aromáticas como demandadas.