Concurso Infantil de Disfraces, desfile da Comparsa Talismán e actuación do Trío Cibeles este luns de Entroido

nota_entroidoEste luns, ás 17:30 horas os máis cativos poderán participar no Concurso infantil de Disfraces que terá lugar na Praza Maior, onde se poderán inscribir desde as 17:00 horas. Cinco premios serán os que agasallarán aos mellores disfraces : 1º- premio,  unha  bicicleta;  2º- premio,  unha tablet; 3º- premio, un mp4;  4º- premio,  un mp3 e un 5º-  premio, que consistirá nun quebracabezas.

Ás 20:00 h  a comparsa Talismán percorrerá as rúas do centro urbano e ás 21:30 h pecharase a festa coa actuación do trío Cibeles