Concurso fotográfico para alumnado a partires de 5º de primaria dentro da III Semana das Ciencias

A concellería de Ensino, Participación Cidadá e Réxime Interior do Concello de Ponteareas convoca o concurso de fotografía non profesional sobre Medioambiente da III Semana das Ciencias para alumado matriculado nos centros educativos de Ponteareas.

Co obxectivo de fomentar a participación, recoñecemento e difusión de obras de novos creadores a concelleira nacionalista Cristina Fernández convoca este concurso para o alumnado a partir de 5º de primaria inclusive.

Todas as fotografías deberán estar relacionadas co mediambiente e co Concello de Ponteareas: paisaxe, clima, contaminación, cambio climático, natureza, montes, lumes, recursos. naturais, ecoloxía, fauna e flora… son algunhas das pistas a seguir para captar a instantánea gañadora.

As fotografías deben ser orixinais e inéditas e non premiadas noutros concursos e poden presentarse en cor ou branco e negro ou en calquera técnica. Cada participante poderá entregar un máximo de tres fotografías que deberán ser presentadas no Rexistro Xeral  ou oficina de Ensino do Concello de Ponteareas nun sobre pechado.

O prazo de admisión de orixinais estará aberto dende o 15 ao 28 de febreiro de 2018 ata ás 13:00 horas.

O xurado estará composto por unha persoa do departamento de Ensino, un traballador do Concello e catro expertos no eido da fotografía. O xurado emitirá o seu fallo o día 3 de abril e será publicado na web do Concello www.ponteareas.org 

A entrega de premios farase, xunto co peche da III Semana das Ciencias, o sábado 14 de abril no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas.

Para máis información deberán consultar as bases colgadas na páxina web do Concello na pestaña “Ensino” “bases” ou clikar directamente nesta ligazón:

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2018/02/CONCURSO-FOTOGRAFÍA-MEDIOAMBIENTAL.pdf