Concurso de debuxos e poesias Rosalia de Castro organizado pola Biblioteca municipal

cartel BASES 24 de febreiro  rosalia de castroA Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas unha vez máis sae aos centros escolares do Concello de Ponteareas, organizando un concurso de debuxos e poesías de Rosalía de Castro para conmemorar o aniversario do seu nacemento (24 de febreiro).
Neste caso, o concurso consiste na participación dos nenos de primaria dos centros escolares ponteareáns. Convócase dúas categorías de participacións, baixo unhas bases. Na primeira categoría participarán os nenos dende primeiro e ata cuarto curso de primaria os que se dotarán os tres primeiros premios cun lote de libros. Na segunda categoría participarán os nenos de quinto e sexto de primaria os que se dotarán tamén os tres primeiros premios cun lote de libros.
O prazo máximo de entrega dos debuxos por parte dos colexios é o 18 de febreiro de 2015.

Expoñeranse os debuxos e as poesías na Sala Multiusos da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas dende o 24 de febreiro, propio día do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, ata o 5 de marzo, a cal podrá visitar toda persoa que o desexe, dende ás 8.00 horas ata ás 21 horas ininterrumpidamente de luns a venres, e os sábados dende as 11 ata ás 14 horas.
O obxectivo desta actividade é fortalecer a autoestima, desarrolar a concentración do neno, incentivar a imaxinación e fomentar a expresión artística, desarrolar a paciencia e a constancia, ademais da distracción, axuda a acelerar o proceso de maduración de cerebro e desta maneira
conseguir un mellor desarrolo intelectual do neno…, e sen esquecer, a fomentación da lectura entre os cativos para que se acheguen á biblioteca e a coñezan, ademais de divertirse no seu tempo de lecer.

Ademais queremos salientar que, o mesmo día do aniversario do nacemento, haberá a disposición de todo o usuario e as persoas que se queiran achegar a biblioteca, varias obras de Rosalía de Castro para realizar a lectura aberta de fragmentos ou capítulos de ditas obras.
Tamén, todo o mes de febreiro, agasallaremos con un marcapáxinas con versos de Rosalía de Castro, a todo o usuario que se achegue pola nosa biblioteca.
E, para conmemorar este día, estará pendurada unha pancarta conmemorativa co rostro e fragmentos de Rosalía de Castro na fachada da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas.
A animación á lectura é unha das prioridades da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, así como ás actividades de extensión da biblioteca, de captación, de formación e en definitiva todo o que sexa abrirse ó público en xeral.