Concerto solidario do grupo de música tradicional galega da Fundación Igual Arte o domingo 1 de Xuño

CARTEL ADAPTAConcerto solidario do grupo de música tradicional galega da Fundación Igual Arte o domingo 1 de Xuño ás 19:00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo, de Ponteareas. Entrada 3 euros a favor da asociación de discapacitados do Condado Adapta.
A fundación Igual Arte é un espazo activo onde se traballa a arte con persoas con capacidades diferentes, entendendo que a arte é un dereito que nos pertence a todos, que leva consigo a maxia de expresar, comunicar, transmitir…

A fundación Igual Arte é unha entidade sen animo de lucro que nace no ano 2002; creada e formada por profesionais da educación e da arte. Declarada fundación de interese galego pola Consellería de cultura da Xunta de Galicia. No ano 2010 recibiu o galardón ao “Proxecto cultural máis innovador e vangardista” que outorga a Deputación de Pontevedra polo seu labor levado a cabo no campo artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais.