“Concerto de bandas sonoras de grandes películas” este venres no Auditorio

Concerto de bandas sonorasO próximo venres, día 10 de abril, a partir das 20:00 horas, o Auditorio Reveriano Soutullo acollerá o “Concerto de bandas sonoras de grandes películas”, a cargo da Banda e Coro de grao profesional do Conservatorio de Música Reveriano Soutullo. Este evento conta coa colaboración do Coro do IES Val do Tea, dirixido polo prestixioso compositor e director ponteareán, Julio Domínguez, así como coa sección de son e baile do Centro de Desarrollo Musical de Ponteareas.

Neste concerto conxugarase a música, co canto vocal e a danza, cun fondo visual de escenas das películas, converténdose nun espectáculo musical e visual que dará vida ás bandas sonoras de películas famosas, coñecidas por todos os públicos.

Este concerto está organizado pola Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro, dentro das actividades de difusión da música e do Conservatorio de Música de Ponteareas, ademais de servir dun aliciente para os alumnos que se sentirán recompensados polo seu interese e traballo cos aplausos do público asistente. Andrés Sampedro quere agradecer a colaboración desinteresada do Coro do IES Val do Tea e do Centro de Desarrollo Musical de Ponteareas.