Concertos das seccións infantil e xuvenil do obradoiro vocal “A Vila”

O venres, 3 de xullo, a partir das 21:00 horas, terán lugar ámbalas dúas actuacións no Auditorio Reveriano Soutullo

coro-cantemosA sección infantil e a sección xuvenil do obradoiro vocal “A Vila” celebrarán senllos concertos no Auditorio Reveriano Soutullo, en Ponteareas, a partir das 21:00 horas do venres, 3 de xullo.

Os 22 cantores e cantoras do Coro Cantemos Infantil, de entre 5 e 8 anos, abrirán a función para posteriormente dar paso ao Coro Cantemos Xuvenil, composto por 62 mozos e mozas de entre 9 e 15 anos.

O evento conta coa colaboración da concellería de Cultura de Ponteareas, xestionada por Hortensia Bautista.