CONCENTRACIÓN EN REPULSA DA VIOLENCIA MACHISTA

A Corporación do concello de Ponteareas (BNG, PSOE, PP E ACIP) condena os feitos acontecidos no concello lucense de A Pastoriza nos que unha veciña foi vítima mortal por violencia machista e rexeita de cheo todo tipo de violencias.

Todas e todos os membros da Corporación fan un chamamento á cidadanía para traballar de xeito conxunto na erradicación da violencia de xénero, denunciando e descubrindo ante as autoridades accións e actitudes impropias nunha sociedade cívica, respectuosa e avanzada.

Todos os grupos da Corporación convocan unha concentración para hoxe ás 12 horas diante da Casa do Concello.