Concentración contra a violencia de xénero mañá ás 12.00 horas diante da Casa do Concello

A Concellaría de Igualdade do Concello de Ponteareas convoca unha concentración contra a violencia de xénero mañá, venres 17, ás 12.00 horas diante da Casa do Concello para condenar e rexeitar o asasinato acontecido no día de hoxe en A Coruña.

 

Convócase ao persoal municipal, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse. Ponteareas di basta fronte a violencia de xénero. #Ninunhamenos.