O obxectivo desta iniciativa, que terá lugar o vindeiro luns, 28 de setembro na Praza Maior, é recoller material escolar para que Ponte Solidario o reparta entre as persoas que o precisen
Baile e solidariedade daranse cita o vindeiro luns en Ponteareas. O consistorio, en colaboración coa Piscina Municipal (xestionada pola empresa Insdega XXI) e a asociación Ponte Solidario, organizará unha xornada de zumba dirixida polos monitores da propia piscina e na que se quere convidar a todos os asistentes a doar material escolar. A actividade terá lugar na Praza Maior a partir das 19:30 horas do vindeiro luns, 28 de setembro.
Bolígrafos, lapis, gomas e calquera outro elemento que sexa habitualmente utilizado no ámbito educativo será recollido por Ponte Solidario para repartilo, posteriormente, entre aquelas familias da vila que o precisen.