Concello e Universidade de Vigo traen a Ponteareas unha obra de teatro para previr o afogamento infantil en zonas de baño

Concello e Universidade de Vigo traen a Ponteareas unha obra de teatro para previr o afogamento infantil en zonas de baño A actividade ‘Desafógate. Unha aventura acuática’ terá lugar o 18 de marzo ás 12 h na sala multiúsos do auditorio municipal. Necesaria inscrición previa Chega a Ponteareas a primeira obra de monicreques deseñada en España para previr o afogamento infantil e fomentar as condutas seguras en zonas de baño, tanto en piscinas como en ríos ou praias. Da man da Universidade de Vigo e en colaboración co Concello, a sala multiúsos do auditorio municipal acolle o vindeiro 18 de marzo ‘Desafógate. Unha aventura acuática’, unha obra de teatro dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos acompañados dunha persoa adulta promovida polo grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, ao abeiro do plan Corresponsabeis. A actividade, que comezará ás 12.00 horas, constará de dúas partes. Por un lado, haberá unha obra de teatro dirixida e interpretada por Raquel Queizás e inspirada no conto ‘O rato con ás que aprendeu a nadar’, de Carolina Pineda del Olmo. A actividade completarase cun obradoiro para aprender a realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP), no que se amosarán algunhas técnicas básicas que poden salvar vidas. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a veciñanza a participar nesta actividade que non só fomenta as condutas seguras no medio acuático, senón que tamén “sensibiliza ás familias sobre o bo uso dos espazos destinados ao baño”. A actividade será de balde e é necesaria inscrición previa. A reserva de entradas farase a través da web Corresponsables da Universidade de Vigo por parte da nai, pai, titor, titora ou persoa responsábel dos nenos e nenas participantes.

A actividade ‘Desafógate. Unha aventura acuática’ terá lugar o 18 de marzo ás 12 h na sala multiúsos do auditorio municipal. Necesaria inscrición previa

Chega a Ponteareas a primeira obra de monicreques deseñada en España para previr o afogamento infantil e fomentar as condutas seguras en zonas de baño, tanto en piscinas como en ríos ou praias. Da man da Universidade de Vigo e en colaboración co Concello, a sala multiúsos do auditorio municipal acolle o vindeiro 18 de marzo ‘Desafógate. Unha aventura acuática’, unha obra de teatro dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 8 anos acompañados dunha persoa adulta promovida polo grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, ao abeiro do plan Corresponsabeis.

A actividade, que comezará ás 12.00 horas, constará de dúas partes. Por un lado, haberá unha obra de teatro dirixida e interpretada por Raquel Queizás e inspirada no conto ‘O rato con ás que aprendeu a nadar’, de Carolina Pineda del Olmo. A actividade completarase cun obradoiro para aprender a realizar a reanimación cardiopulmonar (RCP), no que se amosarán algunhas técnicas básicas que poden salvar vidas.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a veciñanza a participar nesta actividade que non só fomenta as condutas seguras no medio acuático, senón que tamén “sensibiliza ás familias sobre o bo uso dos espazos destinados ao baño”. A actividade será de balde e é necesaria inscrición previa. A reserva de entradas farase a través da web Corresponsables da Universidade de Vigo por parte da nai, pai, titor, titora ou persoa responsábel dos nenos e nenas participantes.