O Concello de Ponteares invertirá 76.630€ na mellora da escola infantil

O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, recibiron ás nais e pais do alumnado da Escola Infantil para darlle a benvida ao novo curso escolar 2017/2018 acompañando ao equipo de profesionais da escola na reunión de introducción ás normas e funcionamento do centro.
A Escola Infantil de Ponteareas comeza este novo curso con melloras que acadaron os 30.000€ de inversión grazas aos que se cambiaron parte das ventanas, a porta de entrada que se adaptou á normativa vixente, mudouse a caldeira e a cheminea da calefación e colocáronse novos protectores de radiadores.
Conscientes da importancia dun ensino de calidade, o grupo de goberno seguirá a traballar neste curso 2017/2018 en novas melloras que se realizarán con fondos da Deputación e que suman a importante cuantía de 76.630€. Ao longo do curso, tentando aproveitar os meses de menos afluencia de alumnado e períodos vacacionais, adaptarase o parque infantil e os vestiarios e baños do persoal, colocaranse as ventanas que quedaron pendentes da obra anterior e renovaranse as instalacións eléctricas e de fontanería.
Estas obras fanse dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e son obras prioritarias, “é primordial adaptar a escola infantil á normativa vixente xa que é un edificio moi antigo e para este goberno a infancia e o ensino son de vital importancia”, explica Carrera.
A Escola Infantil de Ponteareas abre o curso con 115 alumnos matriculados e unha lista de espera de 54 menores de tres anos. A intención do grupo de goberno é seguir traballando para sacar adiante o PXOM, no que se recogerán os terreos axeitados para unha nova escola infantil con maior capacidade e novas instalacións.