O Concello de Ponteareas trata coa Confederación Hidrográfica os problemas co saneamento

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, reuníronse nestes días con técnicos da Confederación Hidrográfica e técnicos de Viaqua, empresa concesionaria da EDAR, co obxectivo de solucionar os problemas que arrastra o Concello desde hai décadas en cuestión de saneamento no que a actual depuradora é claramente insuficiente para tratar o caudal que recibe.
Esta reunión celébrase a petición do goberno local para abordar esta problemática da que xa anteriormente mantiveran unha reunión co Presidente da Confederación Hidrográfica.
Coa intención de rematar cos vertidos puntuais por exceso de caudal que recibe a depuradora ao non haber separación de caudais de pluviais e augas claras e coaá existencia de filtracións de augas que acaban na rede de saneamento da área de Pedra da Auga e tamén de dispor dunha rede de saneamento axeitada, autoridades e técnicos déronse cita nas instalacións da depuradora da Moscadeira para analizar as principais problemáticas e as distintas vías de solución.
Á reunión asistiron Paula Piñeiro, responsable de operacións e Andrés García, xefe da EDAR, por parte de Viaqua; da Confederación Hidrográfica Miño Sil Joaquin José López (Director Técnico Adxunto), Clemente Carracedo (Director Técnico Porriño) e Alberto Esteban (Director Técnico Porriño); polo equipo redactor do PXOM Alejandro Arias (Arquitecto) e do Concello de Ponteareas, o Alcalde, a Concelleira de Urbanismo, Vías e Obras e Roberto Vieitez (Ingeniero Técnico de Obras Públicas Municipal).
Os técnicos da Confederación Hidrográfica comprometéronse a comezar nas vindeiras semanas co estudio previo e análise da situación da rede de saneamento e de caudais de augas claras no núcleo urbano. Tamén fixará a súa atención nas filtracións que non deben ir á actual depuradora e teñen que ser encauzadas ao río Tea.
Este estudo permitirá dispor dunha completa información da rede de saneamento urbano da que se carece con planos xeoreferenciados nos que se indiquen arquetas, trazados, cotas, pendentes, materiais, conexión entre os diversos elementos tanto pluviais como fecais ou mixtas. O estudio planteará solucións a corto prazo para a separación de augas que non deben ir ao saneamento así como unha posible optimización da depuradora existente.
“Esta é unha prioridade deste goberno e, tras motivos anos arrastrando este grave problema, a resposta positiva da Confederación supón o arranque da consecución do noso obxectivo de que Ponteareas dispoña dunha rede de saneamento axeitada á súa poboación e necesidades”, explica o Alcalde, Xosé Represas.
Para o goberno de Ponteareas é fundamental este estudio previo para non improvisar nas solución deste grave problema e executar coa planificación axeitada para os vindeiros anos en canto a proxectos e financiación.
O Concello de Ponteareas colaborará coa Confederación na realización destes traballos.
“Tamén se abordou os requerimentos feitos polo departamento de Urbanismo da Xunta de Galicia para o PXOM no que se refire a abastecemento e saneamento”, adianta Chus Garrote.