O Concello de Ponteareas renova o Centro de Procesamento de Datos (CPD)

A concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida polo socialista Benito Márquez, está acometendo a renovación do Centro de Procesamento de Datos municipal (CPD) do Concello de Ponteareas, unha actuación cun custo total que ascende a 251.000 euros. Con esta medida, o preténdese mellorar os sistemas de almacenamento e xestión da información do consistorio e dar cumprimento a lei39/2015 de procedemento administrativo.

Esta actuación contempla a creación dun segundo Centro de Procesamento de Datos. Así, Márquez explicou que “esta actuación vai permitir gardar a información municipal en dous lugares. Un será na propia casa consistorial e o outro estará no Centro Social, que ubicará os servidores de respaldo”. Márquez sinalou que “a partires de agora se van a xerar dúas copias de seguridade de tódolos documentos e ademais  o consistorio contará con máis capacidade de almacenamento de arquivos e correos”.

Márquez tamén criticou duramente aos gobernos anteriores do PP. “A situación herdada era nefasta. O Centro de Procesamento de Datos era tan obsoleto cando chegamos que para que non se sobrequentase tiña 24 horas tódolos días numerosos ventiladores normais funcionando, algo lamentable, sobre todo se temos en conta que o CPD é o corazón do Concello e que se falla, habería moitos traballadores que non poderían traballar ao carecer de Internet e de ordenadores operativos”. “Do mesmo xeito, non existía ata o de agora ningún Centro de Datos de respaldo, como marca a lei, o que implica que se por algún motivo ardese o Concello, non habería copias de seguridade de tódolos datos e información, como pode ser algo tan importante como o padrón municipal, e que sería un auténtico problema”, sinalou tamén Márquez.

Esta renovación das infraestruturas informáticas municipais suporá tamén un cambio no traballo diario e permite adecuar tódalas licencias  de programas informáticos. “Cando chegamos no 2015,  o 90 % das licencias de informática estaban caducadas ou directamente eran programas pirateados. Paulatinamente fomos  renovando todas estas licencias e comprando outras, para cumprir coa legalidade”, indicou Márquez.

En paralelo a esta renovación, a Concellería de Novas Tecnoloxías está a realizar tamén unha adaptación dalgúns regulamentos como o do Esquema Nacional de Seguridade e do RGPD (Regulamento General de Prestación de Datos) que entrará en Vigo o 25 de maio do 2018.

Esta mellora tamén suporá a mellora dos equipos informáticos municipais, que pasarán dos Pcs físicos aos equipos que se denominan “terminais lixeiros”. “As CPUs dos equipos desaparecerán e todo irá a ese gran centro de datos que recollerá e almacenará toda a información e documentación, mellorando o servizo ofrecida á cidadanía. Actualmente moitos dos equipos informáticos están totalmente obsoletos, sufrindo as consecuencias os traballadores municipais que non poden facer o seu traballo correctamente.. Tamén é destacable que esta renovación de equipos permitirá un aforro de custes polas licencias de software, xa que se necesitarán moitas menos”.

“O obxectivo último é cumplir a lei, e deixar atrás unha situación nefasta que herdamos do PP no que se refire ás infraestruturas informáticas municipais, que son o corazón do Concello, á que ese partido político nunca lle deu importancia”, indicou o socialista Benito Márquez.