O Concello de Ponteareas realiza o domingo 29 unha andaina solidaria de 13,5 Qm polo Tea e o Uma

O Concello de Ponteareas, que tiña unha andaina solidaria convocada para o vindeiro domingo 29 de outubro, suspendará a modalidade do tramo longo e manterá a andaina do tramo curto de 13,5km xa que o tramo longo discurre por zonas moi afectadas polo lume e á espera dos informes técnicos que avalíen como actuar na zona evitarase o paso masivo de grupos para non degradar máis a zona. 

A andaina solidaria que recollerá alimentos partirá ás 10 horas da Praza Maior para cruzar a San Roque e seguir pola senda do río Tea ata a desembocadura do río Uma pasando por Angoares, de aquí o roteiro sigue polo Uma ata a estrada que vai a Salvaterra seguindo o curso do río e pasando pola Ponte Cabalón, Fontenla subindo polo penedo dos Namorados ata chegar ao Penedo do Equilibrio, continuando logo polo barrio da Serra en Arcos e de ahí pasar polo barrio de Areal e chegar ao convento de Canedo para xa internarse no regato da Venda e subir ata á Praza Maior por San Gregorio.

Tódolos interesados e interesadas poderán inscribirse de balde clikando aquí, cada participante achegará alimentos e artigos de hixiene persoal para o Centro de Reparto de Alimentos municipal.

Antes do inicio explicarase os lugares polos que transcorre a camiñada destacando os lugares de interese paisaxístico, medioambiental e cultural, ruta que estará perfectamente sinalizada e, na medida do posible, transcorrerá polos camiños tradicionais .