O Concello de Ponteareas participa no X congreso “Red Española de Ciudades Saludables”

 

A Concelleira de Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, participan nestes días no X Congreso “Red Española de Ciudades Saludables que se celebra en Segovia”.

No congreso tratarán o papel dos gobernos locais na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible relacionados coas enfermidades non transmisibles, o consenso de Shanghai sobre cidades sostibles ou o rol dos gobernos locais na promoción da saúde pública.

As Concelleiras participan en mesas de traballo nas que se presentan propostas innovadoras, se revisan programas de prevención e se estudan estratéxias para impulsar a saúde pública no mundo local a través do ensino, da participación cidadã e da búsqueda de equidade cos sectores sociais máis desfavorecidos.

Nas ponencias abordáronse temas como a atención ás coidadoras de enfermos de Alzheimer e a integración nos programas públicos de saúde da etnia xitana, entre outras temáticas.

No congreso puideron compartir e coñecer as experiencias de outros concellos e deputacións que fan das cidades un entorno máis amable e saludable.