A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe o alcalde, Xosé Represas, e os mestres composteiros da Deputación de Pontevedra entregaron hoxe no parque da Perillana o compost obtido da composteira colocada na zona dentro do plan Revitaliza.
Este compost, analizado polos mestres composteiros da Deputación, obtivo moi boa calificación cunha clasificación Clase A establecida no Anexo V do RD 506/2013.
O mestre composteiro declarou que é un compost de alta calidade, “clase A, apto para agricultura ecolóxica, a mellor calidade posible (sen metais pesados, Ph neutro, baixa conductividade eléctrica e unha cantidade de macronutrientes (NPK) tirando a bastante alta.”
Hoxe os mestres composteiros informaron aos veciños e escolares dos distintos centros educativos da vila o proceso da compostaxe e os usos, ademais de entregarlles unha bolsa con compost para uso doméstico.
Os escolares participaron nunha clase práctica na que aprenderon o proceso de peneirado, de aireado do compost, de selección de materia e cada un dos procesos da compostaxe.
A participación cidadá, a colaboración da Deputación e a implicación do Concello fixo posible este proxecto que tan bos resultados acadou, sendo un exemplo máis do modelo de futuro que este equipo de goberno quere para Ponteareas, participativo, implicado, sostible e de calidade.