O Concello de Ponteareas abre o proceso de selección para dúas prazas de auxiliar de puericultura

O Concello de Ponteareas a través da Concellería de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, convoca o proceso de selección para a contratación laboral por interinidade de dúas prazas de auxiliar de puericultura para a Escola infantil.

As/os interesados teñen de prazo ata o sete de setembro e poden consultar as bases na páxina web do concello de Ponteareas na pestaña “Ofertas de emprego público” ou no seguinte enlace:

https://ponteareas.gal/descargas/empregopublico/Bases-seleccion-AUXILIAR-PUERICULTURA-EN-PRAZA.pdf
As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiránse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As/os aspirantes deberán ter como mínimo a titulación de Técnico Superior en Educación Infantil ou equivalente.
Finalizado o prazo fixado para presentar as solicitudes o Concello de Ponteareas ditará resolución, no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando no seu caso os motivos de exclusión, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello, e na páxina web www.ponteareas.gal

As/os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión.

Calquera dúbida pode ser consultada no departamento de emprego e formación no andar baixo da casa do Concello.