O Concello convoca por segundo ano consecutivo subvencións a entidades deportivas

A concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, informa de que está aberto o prazo para a presentación de subvencións dirixidas ás entidades deportivas de Ponteareas.

“Trátase de subvencións de concorrencia competitiva, nas que a través duns criterios claros, obxectivos e transparentes, as entidades deportivas accederán a recursos públicos en igualdade de condicións”, indica Benito Márquez, concelleiro de Deportes.

Entre os criterios que se valoran, atópanse a categoría da entidade representativa do club, o número de fichas, a promoción do deporte feminino ou a organización de eventos deportivos na vila.

“Este é o segundo ano consecutivo no que o Concello convoca subvencións a entidades deportivas. O noso compromiso é sacalas adiante anualmente, non como facía o goberno anterior que só a sacaban en ano electoral, destinando os outros anos os 40000 euros para gasto ordinario do Concello”.

O ano pasado presentáronse máis dunha vintena de entidades, de modalidades diferentes implantadas no concello como poden ser o fútbol, o ciclismo, o taekwondo, wu-shu, billar, petanca, bádminton, baloncesto ou patinaxe, entre outros.

O prazo de presentación remata o 13 deste mes de novembro. Para máis información, poden achegarse ata o departamento de Deportes ou consultar as bases no seguinte link

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2015/06/BASES-SUBVENCIÓNS-CLUBS-DEPORTIVOS-PONTEAREAS-2017-GALEGO.pdf