O Concello abre a convocatoria para a praza de profesor de música na especialidade de oboe

O Concello de Ponteareas abre unha nova convocatoria para a presentación de instancias para a praza de profesor de música na especialidade de oboe.

As instancias polas que se solicita formar parte neste proceso selectivo, dirixiranse ao alcalde do Concello, e poderán presentarse por calquera medio previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 20 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 

As bases íntegras, atópanse publicadas no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web, www.ponteareas.gal