A Concellería de Vías e Obras executa obras de mellora no Paseo Matutino

Á espera de poder executar as obras de mellora integral, Vías e Obras arranxa a zona para garantir a seguridade no día a día

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas executa obras de mellora no Paseo Matutino.
Nos últimos días procedeuse a asfaltar a zona bacheada, a arranxar as beirarrúas, colocar vallas fixas de protección, reparar bordillos e distintos traballos provisionais que garanten a seguridade dos viandantes e melloran este tramo.
A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, explicou que se trata de traballos provisionais que cubren as necesidades máis urxentes á espera de poder realizar obras de reforma de carácter integral.
“Mentres non podemos executar o plan completo de mellora do Paseo Matutino decidimos executar as obras mínimas que garantan a seguridade no día a día dos peóns e veciños da zona. Como seguimos a estar pendentes de poder executar unha mellora profunda da zona, decidimos cubrir o máis importante sen grandes custes xa que en canto podamos teremos que levantar a zona para profundizar en obras de maior embergadura. Non se trata de por un parche, trátase de mellorar mentres non podemos cumprir co noso compromiso de realizar as obras desexadas”