A Concellería de Seguridade Cidadá concienciará sobre a importancia do uso do chaleco reflectante

Con motivo da Semana Europea de Mobilidade, a Concellería de Seguridade Cidadá desenvolverá a campaña “Faite Ver” dende o día 13 ao día 22 de setembro.
En colaboración coa Policía Local ofrecerán charlas sobre a importancia do uso do chaleco reflectante nos centros culturais de tódalas parroquias incidindo nos maiores de 65 anos.
“Concienciar sobre a importancia de ser visible na calzada é o obxetivo destas charlas que levaremos a tódalas parroquias grazas á colaboración da Policía Local con especial insistencia nos maiores de 65 anos ao ser máis vulnerable pola posible perda de visión e mobilidade. Previr accidentes é unha das prioridades desta concellería”, explica Vanesa Fernández, concelleira de Seguridade Cidadá.
As charlas, que comezan hoxe en Guillade e Cumiar, continuan mañá en Fontenla e Celeiros, e repartiranse chalecos reflectantes entre os asistentes.