A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas informa de que xa está publicada na web do Concello a listaxe provisional de admitidos no Campus-Tea Nadal.
http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2017/12/Listaxe-Provisional-solicitudes-de-Campus-Nadal.pdf
Os interesados deben consultar a listaxe para verificar se están admitidos. Unha vez resoltas as posibles alegacións publicarase a listaxe definitiva na web do Concello o día 11 de decembro.
Comprobada a listaxe definitiva, os admitidos deberán presentar a documentación requerida no prazo comprendido entre o día 11 e o 15 de decembro, de non facelo así, a praza será ofertada ao seguinte da listaxe de agarda.
Os interesados e interesadas deberán presentar fotocopia tarxeta sanitaria, fotocopia DNI do tutor, fotografía do neno e o impreso do pagamento xestionado polo departamento de rendas do Concello.
Calquera dúbida pode ser resolta a través do enderezo electrónico educacion@ponteareas.es ou no teléfono 673794880.