A Concellería de Ensino inviste 35.000€ na mellora dos colexios

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández e o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deron a benvida ao novo curso aos escolares dos centros educativos de Ponteareas.
Cinco CEIPs, dous CPR e sete aulas do Centro Rural Agrupado acollen aos dous mil alumnos e alumnas que este curso 2017/2018 estudarán nos colexios de infantil e primaria de Ponteareas.
Durante a tempada estival, a Concellería de Ensino aplicouse na mellora dos centros escolares públicos para contribuir a que o novo curso sexa aínda mellor que o anterior.
Obras de pintado, de reparación de tellados, de renovación de baños, rehabilitación de esposos para almacén ou colocación de novos columpios entre outros moitos arranxos que suman un total de máis de 35.000€ investidos por parte do Concello de Ponteareas.
Para a Concellería de Ensino é fundamental invertir nun ensino de calidade porque de aí depende o futuro de Ponteareas. “Investir en ensino é unha prioridade deste equipo de goberno. É fundamental mellorar aínda máis as instalacións e conseguir un ambiente agradable para o alumnado”.A