A Concellería de Ensino asina o Convenio de Aula Matinal para os Colexios de Ponteareas

Contarán con este servizo o CEIP “Nosa Sra. dos Remedios”, “Fermín Bouza Brey” e “Mestre Ramiro Sabell Mosquera”, e contempla que o resto de Centros Escolares de Infantil e Primaria tamén poidan adherirse.

Presentación.

O Convenio asinado está exposto na páxina web do Concello de Ponteareas www.ponteareas.gal xunto co proxecto da actividade e a folla de inscrición que poderá imprimirse dende a mesma. Esta solicitude presentarase a partires do día 1 de setembro nos Centros Escolares adheridos ou ben no Departamento de Ensino, sito na planta baixa do Concello.

Todo o alumnado que utilizaba este servizo no curso anterior xa ten a súa reserva garantida. So terán que entregar a folla de preinscrición  o día 9  de setembro, na reunión nas instalacións do Comedor Escolar do CEIP “Mestre Ramiro Sabell Mosquera” de Ponteareas.

Ainda que inicialmente son tres os Centros que terán este Servizo de Aula Matinal dende as 7.30 h. ata o comenzo das clases lectivas dependendo do Colexio, dende a Concellería de Ensino enviarase información ao resto dos Centros de Infantil e Primaria por si previa consulta coas Comunidades Educativas, deciden adherirse ao Convenio.

“É imprescindible dar apoio dende as Institucións ás familias a fin de poder conciliar a vida laboral e familiar, e ao mesmo tempo que o Servizo busque o equilibrio axeitado para que os cativos/as vexan no Programa de Aula Matinal unha posibilidade de lecer e aprendizaxe con xogos, fomentando valores sociais como o compañeirismo, traballo en equipo, coidado do material, actitudes de respecto, tolerancia e cooperación e tamén actitudes democráticas e cívicas”, comenta a responsable da Concellería de Ensino, Cristina Fernández.