A Concellería de Deportes mellora o sistema de rego no Complexo Deportivo de Pardellas

A Concelleria de Deportes está acomentendo nestes días obras de mellora do sistema de rego automático no Complexo Deportivo de Pardellas, actuación que conta cun orzamento que ronda os 12000 euros financiados a trasves do programa “Plan Concellos” da Deputación de Pontevedra, dándose solución a unha necesidade moi demandada por usuarios e veciños da vila.
“O obxectivo é por en funcionamento un sistema de rego automático para o campo de herba natural, para que funcione de xeito automatizado e independente, e por tamén en fucionamento o sistema que xa existía no rego do campo de herba artificial, pero que nos últimos anos presentaba gran deterioro e numerosos problemas. Neste caso a intención é colocar un interruptor que os delegados dos clubes que alí adestran poidan premer de xeito sinxelo que accione o sistema e regue durante 2-3 minutos o campo”, sinalou Benito Márquez, concelleiro de Deportes.
Segundo Chus Garrote, primeira Tenente de Alcalde e concelleira de Vías e Obras, esta obra comemzou “coa mellora da capacidade da bomba cambiando a aspiración para que tivera maior caudal e forza. O segundo traballo que se fixo foi a apertura de zanxas e a continuación a instalación de arquetas e aspersores para logo instalar a centraliña de rego e, xa por último, tapar a zanxa”, quen do tamén indicou que “esta era unha demanda importante de numerosos veciños.
“Coa instalación do novo sistema de rego automatizado conseguiremos manter en mellores condicións a superficie actual das instalacións deportivas, xa que o campo de herba natural contará cun rego automático autónomo que cubrirá toda a superficio do mesmo”, sinalou Benito Márquez.
Esta obra complementa a outras realizadas anteriormente no último ano de cara a mellorar as condicións dos usuarios que día a día utilizan estas instalacións, como por exemplo, a de conectar os vestiarios das instalacións á auga procedente da rede de abastecemento pública, pois ata o momento a auga das duchas e dos lavabos procedía directamente do río Tea.
Tamén se arranxou o sistema solar instalado no campo de herba sintético, que levaba tempo sen funcionar, sustituíronse as válvulas mezcladoras existentes, que estaban rotas e non regulaban a temperatura da auga das duchas correctamente “polo que numerosos usuarios se queixaban de que esta saía demasiado quente, tendo tamén un gasto considerable para o concello”. Tamén se repararon os rociadores das duchas das paredes co seu soporte, que eran moi antigos e presentaban numerosas deficiencias.
Por outra banda, tamén se realizou un esforzo en alzar certas partes do complexo, como os motores ou o propio acumulador solar e termo eléctrico, co fin de evitar que sufran danos cada vez que hai inundacións e que supuñan un gasto enorme para as arcas municipais cada vez que isto sucedía.