A Concellería de Deportes abriu o prazo para a utilización dos campos de herba artificial de cara a próxima tempada

O Concello de Ponteareas ven de aprobar por segundo ano consecutivo as bases para regular o uso dos campos municipais de herba artificial de Pardellas e Areas de cara a próxima tempada. O obxectivo é ordenar as reservas que deben facer as entidades deportivas de Ponteareas de cara a utilizar estas instalacións deportivas, tanto para adestramentos como para ligas oficiais, así como para o seu uso recreativo, durante a próxima tempada 2017/208.

“As bases son bastante abertas, permitindo que as propias entidades interesadas cheguen a acordos de uso entre elas para a utilización das instalacións. Estas bases teñen o obxectivo de regular o uso, pero potenciamos en todo momento que os propios equipos acorden entre eles os horarios de cara o seu uso”, indica Benito Márquez, concelleiro de Deportes.

As entidades interesadas teñen de prazo 10 días hábiles para presentar a solicitude a contar dende o día seguinte da publicación da convocatoria das bases no Boletín Oficial de Pontevedra (04 de agosto).