A concellería de Cultura e Turismo entrega a totalidade da documentación para a declaración BIC a Patrimonio

A Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, acompañada dos técnicos municipais Carlos Collazo e Sofía Rodríguez reuníuse coa directora xeral de patrimonio, María Carmen Martínez Ínsua, e co arquitecto de patrimonio, Juan Antonio Naveira, para presentar a totalidade da documentación para a declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial (BIC) do Corpus de Ponteareas e as súas alfombras florais. 

Tanto a directora xeral como o técnico de patrimonio coincidiron en destacar as moitas probabilidades que ten o Corpus de Ponteareas de ser declarado un ben BIC de carácter inmaterial xa que reúne todos os requisitos de tradición, historia, artesanía e participación veciñal precisos para a súa obtención.

O concello de Ponteareas quere facer un recoñecemento aos portadores desta tradición que, xeración tras xeración, prolongaron esta identidade propia de Ponteareas e a les pertence o mérito por ila engrandecendo. 

Entregada a totalidade da documentación, a nacionalista Hortensia Bautista destaca o traballo realizado polos técnicos municipais e agradece aos Alfombrista o seu apoio ao aportar as súas cartas asinadas ao expediente da solicitude. 

Bautista adianta que os trámites van polo cauce axeitado e que agora so toca agardar á valoración de patrimonio mentres as rúas de Ponteareas e os Alfombristas xa se preparan para afrontar unha nova edición do Corpus.