A Concellería de Cultura entrega os premios da primeira edición das xornadas de teatro do amador

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas entregou os premios das primeiras xornadas de teatro do amador celebradas durante o mes de outubro. 

Co obxectivo de promocionar esta arte escénica e de ofrecer aos apaixoados da interpretación e da dirección teatral un espazo no que promocionarse e actuar a Concellería de Cultura convocou estas primeiras xornadas coa intención de darlles continuidade nos vindeiros anos.

O fallo do xurado desta primeira edición de teatro do amador nas seguintes categorías foi:

Mellor actor Santiago Carrera por Lois en “Compre falar ben dos mortos” do grupo Pena do Equilibrio.

Mellor actriz María Luisa Barrera polo papel de nai en “O Malentendido” do grupo Osiris.

Mellor dirección “Eramos poucos e….” Do grupo de teatro Ponte Caneiro. 

Mellor vestiario “En pe de guerra” do grupo de teatro Misturarte.

Mellor Decorado “Pequeno Cabaret” do grupo de teatro Nelson Quinteiro. 

Mellor Obra “Eramos poucos…” Do grupo de teatro Ponte Caneiro.

Ademais, a Concellería de Cultura entregou a cada grupo de teatro os vales cos premios monetarios.