A Concellería de Cultura e Lecer organiza actividades relacionadas co solsticio de verán

Mañá mércores 22 terá lugar por Canedo unha recollida guiada de herbas para o cacho de San Xoán e o venres 24 haberá animación para as nenas e nenos Praza Maior

A partir das 18.30 horas mañá, a veciñanza está convocada a facer unha andaina por Canedo e recoller herbas para preparar o popular “cacho de San Xoán” da man da Asociación Faia Educación Ambiental, que ensinarán as diferentes propiedades das plantas.

O preparado do cacho consiste nun conxunto de herbas con Cartel Solsticio de verán (2)propiedades menciñeiras, somerxidas en auga fría na véspera das fogueiras do e deixadas á intemperie ao longo da noite para que o orballo caia sobre elas.  Segundo a tradición, no amencer de San Xoán, o cacho debe ser usado para lavar cara e corpo co gallo de botar fóra os malos espíritos e agoiros.

Comunmente, neste preparado úsanse herbas e plantas que topamos nas fincas e montes galegos como o fiúncho, o fento macho, o codeso, a abeloura, a malva, o romeu ou herba luísa, aínda que tamén se poden topar follas e nogueira, sabugueiro, carballo ou herbas como a espadana ou a macela.

O propio día de San Xoán, o venres 24, a Praza Maior encherase de animación para nenas e nenos a partir das 18.30 co grupo Animart.