A Concellería de Cultura clausura o curso Ponte a Cociñar de 2016

O obradoiro para nenas e nenos foi un éxito de participación, con máis de sesenta nenas e nenos e dúas quendas, durante as mañás de todos os martes dos meses de xullo e agosto no Mercado Municipal

Nenas e nenos do obradoiro Ponte a Cociñar

Nenas e nenos do obradoiro Ponte a Cociñar

O taller organizado pola Concellaría de Cultura, coordinada por Hortensia Bautista, e impartido pola monitoria Teresa Castro, que contou coa colaboración das traballadoras dos departamentos de Cultura e a Biblioteca-Museo, ensinou ás máis pequenas e pequenos receitas para iniciarse no mundo da cociña de xeito divertido.

“Foi un auténtico éxito de participación, a acollida foi estupenda, por parte dos pais e nais, e dos nenos e nenas. Esperamos poder repetir o vindeiro ano a experiencia e mellorala”, explica a concelleira de Cultura e Lecer, Hortensia Bautista.