A Concellería de Comercio poderá facer un seguimento completo dos mercados ambulantes e praza de abastos

Porá a disposición da Policía Local unha tablet para traballar coa nova aplicación

img_20161115_122101-1

Tantos axentes como o departamento administrativo da Concellería de Comercio poderán facer un seguimento completo dos mercados de Ponteareas: controlar as licencias de venda, asiduidade dos comerciantes, identificar aos vendedores, anotar infraccións, tomar fotos de probas, ter un plano do mercado detallado a man, recibir avisos sobre a caducidade e renovación de documentos obrigatorios para exercer adecuadamente a súa actividade, entre outras aplicacións, mediante un dispositivo dixital (PDA).

A medida levada a cabo pola Concellería de Comercio coa colaboración da Policía Local vai encamiñada a aplicar unha modernización tanto da Praza de Abastos coma dos mercados ambulantes. Con esta iniciativa será máis sinxelo o seguimento, control e planificación da xestión dos postos por parte da administración municipal.