COMUNICACIÓN URXENTE: Perigo por aparición de trampas para animais

 

Dende o Concello avísase de que nas últimas horas detectáronse polo chan nalgunhas zonas anacos de comida con cravos introducidos no seu interior, aparentemente preparados para causar danos a animais, particularmente cans. Algún xa resultou afectado pola inxesta destes alimentos.

 

Os servizos municipais procederon a inspeccionar de inmediato a zona para comprobar e tentar detectar máis trampas semellantes.

 

Solicítase á veciñanza:

– Que extreme as precaucións, especialmente se circulan polos espazos públicos con animais domésticos.

– Que poña en coñecemento da Policía Local a aparición de máis trampas destas características.

– Que facilite calquera información que permita identificar á persoa que está a proceder a colocar estas trampas para poder proceder á súa detención.

 

Para calquera información pódese contactar coa Policía Local a través do teléfono 092 desde Ponteareas ou 986 64 00 50 ou no correo electrónico policialocal@ponteareas.gal.