Compost de sobresaínte na Perillana

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas recibe os resultados da analítica realizada ao compost recollido na composteira do parque da Perillana obtendo moi bos resultados cunha clasificación Clase A establecida no Anexo V do RD 506/2013.
O mestre composteiro declarou que é un compost de alta calidade, “clase A, apto para agricultura ecolóxica, a mellor calidade posible (sen metais pesados, Ph neutro, baixa conductividade eléctrica e unha cantidade de macronutrientes (NPK) tirando a bastante alta.”
O vindeiro mércores día 4 de outubro os mestres composteiros visitarán o parque da Perillana de Ponteareas para expor a información recollida e explicar o proceso de compostaxe.
Ademais os mestres composteiros faran unha exhibiciión do peneirado do compost e repartirán o compost de alta calidade entre os veciños e veciñas participantes e o alumnado dos centros educativos de Ponteareas que se achegarán para coñecer o proceso de compostaxe e a súa utilidade.
A participación cidadá, a colaboración da Deputación e a implicación do Concello fixo posible este proxecto que tan bos resultados acadou, sendo un exemplo máis do modelo de futuro que este equipo de goberno quere para Ponteareas, participativo, implicado, sostible e de calidade.