A compañía de danza acrobática AIREnoAR estará este domingo no auditorio municipal de Ponteareas

A concellería de Cultura convida a todos os interesados a asistir a este espéctaculo que combina acrobacias, danza e música
Será o domingo día 28 ás 20:00 horas

O exitoso espectáculo de danza acrobática AIREnoAR chega ao auditorio municipal de Ponteareas o vindeiro domingo día 28 de maio ás 20:00 horas dentro da programación cultural que oferta a concellería de Cultura en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia.
Unha ocasión única para asistir a unha representación que busca novas linguaxes artísticas a partires da fusión das diferentes artes.
Baixo a dirección da bailarina e coreógrafa Rut Balbís, os intérpretes: Álvaro Reboredo e María Move xeran unha escena de comunicación e interrelación entre os elementos e os corpos, a través da fusión das súas disciplinas artísticas: acrobacia aérea (corda lisa) e música (técnica vocal).
As localidades estarán á venda a un prezo de tres euros de 11:00h a 13:00 horas e de 19 a 21:00 horas o sábado día 26, e o domingo día 27 dende as 18 ata as 20 horas.
AIREnoAR especialízase na multidisplinariedade dos artistas partindo dun fío común, a linguaxe dos corpos en relación: a danza.
Unha danza que pasa polos diferentes elementos (corda, chan, luz, corpo) coma un xogo a través do que o espectador entra na escea que conta, evoca e debuxa na súa mente a historia destes dous personaxes..
Partindo do sinxelo das relacións humanas, os corpos e o espazo, conectamos coa emocionalidade.
A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, anima a todos os veciños a asistir “a un espectáculo de arte moderno e contemporáneo que desperta os sentidos e que é exemplo da calidade dos traballos artísticos que se fan na nosa terra, aunando modernidade, tendencia e técnica”.