Como detectar e como axudar ante o síndrome de “cutting” ou autolesión

A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández convida a toda a comunidade educativa e veciñanza en xeral a asistir á charla sobre o síndrome de “cutting” ou autolesión por corte en adolescentes.

O vindeiro mércores 28 ás 19 horas na sala multiusos do auditorio municipal os psicólogos e terapeutas familiares José A. Expósito e Carlos Lorenzo Alfaya dirixiránse aos pais e nais para explicarlles que deben entender para poder actuar, relataránlle os sinais que deben alertarnos e como se chega a este síndrome.

Ademais, os expertos tentarán que o público asistente entenda o impulso da autolesión e ofrecerán ferramentas para axudar aos fillos e fillas.

Os e as participantes poderán trasladar as súas preguntas e dúbidas aos profesionais que tentarán resolver todas aquelas cuestións que se prantexen.

A concellería ofrecerá un servizo de gardería na entrada principal do auditorio para as familias que teñan cativos e cativas.