A Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas aprobou as bases que rexen o Plan Cultural Municipal para o ano 2014.

logo

O Concello de Ponteareas, na súa sesión ordinaria do día 10 de febreiro, acordou aprobar as bases que rexen o Plan Cultural Municipal para o ano 2014.

Con  esta  iniciativa, posta en marcha por primeira vez o ano pasado,  o  concelleiro de Cultura  pretende  poñer  en valor  as  infraestruturas culturais construídas  nas  diferentes parroquias  e  dinamizar  estas,  ofrecéndolles cursos e actividades culturais  así como actividades musicais das diferentes  agrupacións musicais e culturais  do noso concello.

Deste xeito, os centros culturais e locais  sociais  do  termo  municipal  de Ponteareas poderán  contar  con  actuacións  de  grupos  de gaitas,  grupos folclóricos, grupos de pandeireteiras,  bandas de música, orquestras de  cámara,  bandas de gaitas,  grupos  rock, grupos de teatro, etc.,  a  prezos  moi competitivos  e  cunha subvención por parte da Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas  do  75 por cen  do caché  das   agrupacións  incluídas  neste plan.

Este Plan Cultural Municipal inicia  a  súa  andaina  cunha  partida presupostaria  de  12.375 euros, que  vai permitir desenvolver nos  centros culturais e  locais  sociais  de Ponteareas  máis  de  50  actuacións  de  grupos  e  agrupacións musicais da nosa localidade.

Bases Do Plan Cultural Do Concello De Ponteareas 2014 (57.9 KiB)