Comezan os labores de limpeza en zonas polas que pasan as liñas de distribución eléctrica

Comezan os labores de limpeza en zonas polas que pasa o tendido eléctrico

 

A empresa UFD Grupo Energy comezará os labores de limpeza, roza e poda de distintas parcelas de todo o concello de Ponteareas polas que pasa o trazado do tendido eléctrico.

 

Con esta limpeza dase cumprimento á Lei 12/2012 de montes de Galicia que modifica á Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais pola que debe xestionarse a biomasa na franxa de 5 metros dende os condutores eléctricos máis externos.

 

En caso de que as persoas propietarias dos terreos polo que transcorre o trazado das liñas de distribución eléctrica non efectúe os labores de xestión de biomasa, será a empresa de UFD a que proceda á súa realización.