Comezan os campamentos do Campus Tea

Cen nenos e nenas comezan a súa aventura no Campus Tea de Ponteareas. Ata o día quince de xullo estes primeiros cen cativos desfrutarán duns días lúdicos e didácticos con saídas e obradoiros nos que aprenderán xogando.
A Concellería de Ensino explica que “o éxito de matrícula nesta nova edición do Campus Tea foi tal que moitos quedaron en lista de espera. No caso dos campamentos no rural aínda hai prazas libres para tódolos que queiran participar”.
Hoxe tamén comezan os campamentos no Centro Cultural de Moreira.
“Con estes programas pretendemos apoiar ás familias que traballan con especial atención ás familias monoparentais ou aquelas que se atopan en búsqueda de emprego. O Campus pretende ser un servizo para todas aquelas familias que traballan e que queiran deixar nun espazo lúdico, didáctico e de crecemento persoal aos seus fillos e fillas”, matiza a Concelleira de Ensino, Cristina Fernández.
Os interesados en recibir máis información poden achegarse ao departamento de ensino na pranta baixa do Concello ou no enderezo electrónico ensino@ponteareas.gal
No mes de agosto serán cincuenta os nenos e nenas que participen no Campus Tea en cada quincena. Un programa educativo de atención á infancia no que se combinan actividades educativas con outras propias do lecer e tempo libre para os fillos e fillas de familias traballadoras co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral duranteo período non lectivo de verán, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral do neno/a a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.
O programa vai dirixido aos nenos e nenas de 3 a 12 anos. O lugar de realización do Campus Tea-2017 será o colexio Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas e o horario establecido é de luns a venres do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2017 de 09:00 horas a 14:00 horas.
O Campus Tea-2017 organízase arredor de diversos contidos, así na primeira quincena de xullo a temática será Bechos! no que se achegarán á vida deses pequenos seres que nos rodean a cotío. Na segunda quenda de xullo e baixo o título “Superheroes e Superheroinas” achegaranse aos diferentes personaxes de ficción que aparecen nos cómics, tamén descubrirán outros como Nelson Mandela, Teresa de Calcuta…
Na primeira quenda de agosto mergullaránse na ciencia como ferramenta para dar solución aos problemas da vida e xa, na segunda quenda de agosto toca promover as habilidades domésticas para todos e para todas.
“O Campus Tea-2017 divídese en sete áreas ou ámbitos do desenvolvemento como a área lúdico-educativa, a da identidade e autonomía persoal, a da saúde e a do deporte, a afectivo-social e de comunicación, a da expresión e creatividade, a do medio ambiente e a formativa”, explica a concelleira de Ensino, Cristina Fernández.
Ademáis, desenvolverase o xogo libre, os xogos de agora e de sempre, as actividades predeprotivas e deportivas, os xogos en grupo, os obradoiros e actividades de animación á lectura.
Tamén se farán saídas ao entorno, actividades familiares e actividades temáticas.