Comeza un mes de xogos nos centros culturais de Ponteareas

Verán de

O Concello organiza distintas actividades e obradoiros para os nenos e nenas de todas as parroquias

 

Ponteareas acolleu hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Os Muíños de Oliveira. Foi a primeira das 12 que recorrerán as distintas parroquias do municipio durante este mes de agosto. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que “estas actividades pretenden que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan gozar do ocio ao lado das súas casas” e indicou que, despois de facer unha consulta colectiva a todos os centros, “estas actividades serán realizadas só naquelas casas culturais en que as xuntas directivas nos comunicaron que estaban interesadas en levalas a cabo”.

 

Ademais da xornada de hoxe, o C.C. Os Muíños de Oliveira ofrecerá máis actividades o próximo mércores 18 de 11 a 12.30 horas, o C.C. Prado recibirá aos pequenos e pequenas os venres 13 e 27 de 11 a 12.30 horas, o C.C. San Félix de Celeiros os venres 13 e 20 de 19 a 20.30 horas, o C.C. Bugarín os venres 6 e 20 de 11 a 12.30 horas, o C.C. Angoares o mércores 25 e o xoves 25 de 11 a 12.30 horas, e o C.C. Arnoso os venres 6 e 27 de 19 a 20.30 horas. 

 

Para reservar entradas nestas xornadas será preciso contactar coas directiva dos centros culturais.