Comeza o programa “Conecta co Basket” en Ponteareas

O pavillón Álvaro Pino acollerá seis sesións gratuítas ao longo do mes de setembro nas que os nenos e nenas da vila, maiores de 6 anos, poderán iniciarse no deporte da canastra

2015 8 Conecta co Basket Poster 3O Club Baloncesto Condado, en colaboración coa concellería de Deportes xestionada por Benito Márquez e coa Federación Galega de Baloncesto, organiza o programa gratuíto “Conecta co Basket”, co que se tenta dar a coñecer entre os cativos e as cativas da vila a práctica do deporte da canastra.

Os días 1, 3, 8, 11, 15 e 17 de setembro, o pavillón Álvaro Pino acollerá sesións de iniciación a esta modalidade deportiva nas que os nenos maiores de 6 anos poderán aprender os conceptos básicos do baloncesto. Os adestramentos comezarán ás 16:00 horas e rematarán ás 18:30 horas.

As xornadas son completamente gratuítas e a inscrición dos rapaces e das rapazas pódese realizar antes do inicio da propia actividade. Este rexistro servirá tamén para que os preparadores apunten a evolución dos propios nenos, tanto no apartado físico como no técnico.