Comeza o curso de Adestrador Básico de Fútbol-UEFA B no CDL

O primeiro curso de adestrador básico de fútbol que se imparte en Ponteareas arrancou esta semana nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local. A Federación Galega de Fútbol e o Concello de Ponteareas quixeron saudar e apoiar ao alumnado desta primeira convocatoria. O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a Tenente de Alcalde, Chus Garrote, o vicepresidente da FGF Gustavo Falqué, o director da Escola de Adestradores, Manuel Mosquera, e o delegado da Escola en Ponteareas, Luis Mosquera deron a benvida ao curso a tódolos alumnos e alumnas. 

Ponteareas é unha das poucas localidades que acolle nesta tempada 17-18 os cursos de Adestrador Básico, correspondente á licenza UEFA B que equivale ao antigo Nivel 1.