Comercio informa que o mercadillo do sábado pasa ao venres día 7

A concellería de Comercio e Hostalería que dirixe Inés Vidal informa que o mercadillo tradicional dos sábados celebrarase, nesta ocasión e tal e como recolle a ordenanza, este venres 7 de decembro e non o sábado día 8. A praza de abastos abrirá ao público tanto o venres 7 como o sábado 8 de decembro.

Ademais, a concelleira adianta que os establecementos comerciais das Rúa Oriente e Esperanza abrirán todos os sábados e domingos do mes de decembro, así como a maioría dos comercios do resto das rúas que ampliarán os días de apertura para facilitar as compras de nadal, insistindo na ampliación de horario os días 23 e 30 de decembro para que a clientela poida dispor de tempo para realizar as súas compras sen apuros e non queden sen os produtos de última hora nin os detalles que coa axetreo poidan quedar esquecidos.