O Club de Natación Ponteareas participou no I Campeonato Galego de Augas Abertas, unha modalidade en auxe grazas ao triatlón e ás numerosas travesías a nado no mar, ríos e lagos que se organizan nos últimos tempos.
O Campionato, celebrado na Coruña, reuníu a grande parte dos mellores nadadores desta modalidade, como broche final ás competición de auga aberta, unha vez que o circuito galego oficial concluíu a pasada fin de semana en Valdeorras.
Os nadadores do Club Natación Ponteareas conseguiron varios podiums e moi bos resultados con presenza nas primeiras posicións:
– Angela Cobelo, 4° na cat. alevín feminina
– Marcos Martínez, 9° na cat. infantil masculino
– Andrea Domínguez, subcampiona galega na cat. infantil feminina
– Denis Incutti, 10° na cat. junior 1 masculino
– Laura Rodríguez campiona galega cat. junior 1 feminino
– Fran Cobelo, subcampión galego na cat. senior masculino
– Veronica Varela, 6° na cat. Máster +40
- Cristina Calviño, subcampiona galega na cat. Máster +45
Ademáis, o CN Ponteareas conseguíu a terceira posición (Feminina) na clasificación por Clubes.
O Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, felicita ao Club e ás e os nadadores polos bos resultados acadados.
Agora a natación volve ás piscinas.