Clausura do proxecto Silvaplus

PRENSAEn Viana do Castelo tivo lugar a clausura do Proxecto SilvaPlus  “Recursos Forestais” . Proxecto do que o Concello de  Ponteareas, xunto ao de Tomiño,  formou parte, para a promoción do uso sosteñible da biomasa forestal, para fins enerxéticos, no norte de Portugal e sur de Galicia.

Non cabe dúbida que  o Condado-Paradanta ten un importante potencial forestal, contando  Ponteareas  con máis de 24 comunidades de montes, que os xestionan. E en toda a comarca, máis de 250 comunidades de montes e veciños. É unha zona rica en biomasa que se ve favorecida polo entorno con clima adecuado, rico en substractos, que posibilita, cunha boa xestión, unha explotación viable e de alta produción.

O Concello de Ponteareas  ten unha aposta importante polas enerxías renovables e pola utilización da biomasa, como fonte calorífica, convertíndose nunha das mellores alternativas a seguir, e marcando un camiño hacia este tipo de enerxías.

A dita  clausura  asistiu a  concelleira de industria e emprego do Concello de Ponteareas, Marisol Valado,   que xunto a alcaldesa de Tomiño, o presidente da Asociación Forestal de Portugal e o presidente da Asociación Forestal de Galicia, ademáis de outros poñentes relacionados co proxecto e a biomasa, formaron parte dunha mesa redonda, na que se abordaron temas como  a necesidade de seguir traballando na información aos cidadáns  e administracións públicas, para que vexan este recurso natural como unha oportunidade de crear riqueza nos seus territorios , pondo en marcha de forma paralela líñas de I+D, que aportarían  solucións ás diferentes necesidades locais. No ámbito financeiro é preciso difundir as medidas de apoio existentes, así como a creación de novas liñas que favorezan a instalación de caldeiras de biomasa.

Marisol Valado, na súa intervención deu algún exemplo da utilización deste tipo de caldeiras de biomasa no Concello: como a instalación do Centro Cultural de Xinzo, na que a comunidade de Montes  é pioneira e un referente a escala galega ao poñer en marcha un ciclo completo de aproveitamento da biomasa. Tamén Centros culturais como o de Guláns, Cristiñade, Areas.

Tamén destacou a instalación en edificios como a piscina municipal e a importancia de cara a seguir incrementando  esta rede de calor noutros edificios e instalacións municipais, para a substitución de caldeiras tradicionais pola biomasa, que aseguran un mellor poder calorífico, económico e de alto rendemento.

Valado salienta a importancia de camiñar de cara á explotación dos nosos montes, aproveitando o seu potencial, apostando por unha enerxía limpa, non contaminante, ademais de renovable e que xera ao seu redor beneficios como a prevención de incendios,  emprego, tanto na transformación da biomasa, na distribución, así como na instalación de caldeiras e do seu mantemento. “Non debemos desaproveitar este nicho de traballo para os nosos  xóvenes e non tan xóvenes; sen esquecer o beneficio que supón para o ecosistema, así como a rebaixa notable nos costes do combustible (comparativamente con outras enerxías), coa conseguinte redución do déficit dos Concellos, mellorando a súa eficiencia enerxética e unha mellor calificación”.

Trala adhesión ao proxecto SilvaPlus, por parte do Concello de Ponteareas, quérese continuar nesa liña iniciada e proximamente o alcalde, Salvador González Solla, firmará coa Deputación de Pontevedra, un acordo de adhesión ao Proxecto “M2E”- un Programa de mellora da eficiencia enerxética na calefacción e auga en instalacións municipais.