Cita de cine este xoves dentro da programación de Mocidade Viva

A mocidade ten unha cita co cine este xoves día 31 na sala multiúsos do auditorio municipal dentro da programación de Mocidade Viva. A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, recórdalle aos mozo e mozas que ás 21 horas se proxectará “La noche de halloween”. O cine foi unha das demandas da mocidade cando se deseñou a primeira programación feita con e para este sector da poboación e que agora poden desfrutar totalmente de balde.